Cara e cruz para o Leis feminino no seu particular maratón de fin de semana
Por Redacción
Dous partidos en menos de 24 horas, unidos aos quilómetros percorridos, privaron o Leis de facer pleno no seu particular maratón de fin de semana.
As pontevedresas desprazáronse en primeiro lugar a Guadalajara para visitar, en partido aprazado, o Chiloeches, nun encontro no que protagonizaron unha espectacular remontada.
As rapazas adestradas por Jacobo Estors, tras adiantarse no marcador, viron como o seu rival se mostraba superior poñendo terra de por medio cun claro 5-1.
Non obstante as lerezanas non se renderon e con catro goles en só tres minutos (tres deles de Gema) poñían a igualada antes de que Carmen, a falta de minuto e medio, culminase a remontada (5-6).
DERROTA EN MAJADAHONDA
Apenas unhas horas despois do importante triunfo en Guadalajara o Leis se presentou en en terras madrileñas para render visita ao líder invicto.
Catro goles nos primeiros dez minutos sentenciaron moi pronto o partido para as locais ante unhas pontevedresas que pagaron o esforzo (9-2) encaixando a súa primeira derrota da tempada.
Tras estes dous resultados o Leis sitúase en sétima posición, con sete puntos, tras xogar catro partidos.
A próxima xornada o equipo lerezano recibirá no Municipal ao segundo clasificado do grupo IV da Segunda División, o Unami CP.