Vitoria sufrida en Mondariz (1-2) e liderado para o Sanxenxo
Por Redacción
Dende a segunda xornada de liga, tras sufrir dúas derrotas consecutivas, o Xuventú Sanxenxo non fixo máis que crecer ata situarse como líder en solitario da Rexional Preferente.
Fíxoo tras un sufrido e traballo triunfo en Mondariz (1-2) despois de sumar a súa quinta vitoria consecutiva e o seu noveno partido sen perder.
Os amarelos souberon sobrepoñerse ás baixas e pronto, antes da primeira media hora, encarrilaron o choque, primeiro cun gol de Diego Blanco e despois con outro de Cerqueiras.
Pero cando parecía que o partido podía resultar relativamente cómodo para os de ÿscar García, o Mondariz espertou para recortar distancias por obra de Hugo Tei e levar os nervios ao conxunto visitante.
A pesar dalgunha ocasión local e as opcións de sentenza por parte amarela, o resultado xa non se moveu certificando o triunfo para un lanzado Sanxenxo.
MONDARIZ CF (1): Toni, Jesús, Hugo Tei, Anxo, Iván, Jonás, Chimpa (Xermán, min.81), Iago (Alfaya, min.71), Zurdo, Nando (Mario, min.68) Víctor (Noel, min.54).
XUVENTÿ SANXENXO (2): Velay, Tinaia, Minso, Javi, Fon, Darío, Diego Blanco, Dani Muradás (Rober, min.55), , Cañi (Walter, min.85), Cerqueiras (Jorge, min.86), Cuchi (Hugo, min.71).
Goles: 0-1 Diego Blanco, min.5; 0-2 Cerqueiras, min.27; 1-2 Hugo Tei, min.33.
Incidencias: Partido disputado no campo da Lagoa, Mondariz.