Derrota clara do Vitaldent Pontevedra (30-23) na pista do líder Atlético Novás
Por Redacción
Non puido sorprender ao líder o Vitaldent Pontevedra. Os últimos dez minutos do primeiro período resultaron fatais para o conxunto pontevedrés, que viu como o Atlético Novás escapábase no marcador, conseguindo unha vantaxe de seis goles, que logo iría consolidando o resto do partido.
Aínda por riba, os comezos do segundo tempo foron de máis clara cor local. O Novás chegou a alcanzar unha máxima renda de nove goles, a falta de pouco máis de dez minutos para finalizar o choque, e aínda que os visitantes fixeron un bo parcial chegando a achegarse a só catro tantos de diferenza, o líder non deu máis opción e fíxose cos puntos con relativa comodidade, amparado nunha sólida defensa e no brazo de Sergey Tsybanev.
ATLÿTICO NOVÁS (30): Kevin, Malvar (p.s.); Jacobo, Paulo (4), Adrián (1), David Lechuga (2), Miguel Leitao (1), Ramón (5), Jorge Pousa, Roberto Rodríguez (4), Pablo Sánchez (1), Sergey Tsybanev (8), Álex Tsybanev (3) e Iago Flores (1).
VITALDENT B.M. PONTEVEDRA (23): Anxo Otero, Pablo Galán (p.s.); Gonzálo García (1), Alberto Garrido (1), Daniel Gómez (7), Jaime Iglesias (1), Eloy López, Bruno Montesinos (1), Fernando Rey (2), Jorge Rodríguez, Alberto Santiago (7), Ángel Soliño (2), Javi Suárez (1) e Hugo Urtaza.
Árbitros: Javier Arroyo Casero e José Domingo Vega Gemio (Estremadura). Excluíron por dous minutos a Miguel Leitao, Álex Tsybanev (2), Roberto Rodríguez e Paulo polo Atlético Novás, e a Fernando Rey e Alberto Garrido, polos pontevedreses.
Marcador (cada cinco minutos): 3-3, 5-6, 8-8, 12-10, 16-10, 17-13 (descanso), 19-13, 20-15, 22-15, 25-16, 27-21 e 30-23 (final).
Incidencias: Pabellón Municipal (O Rosal). Uns 300 espectadores.