Barrios recupera a Carlos García e Miguel Porto para enfrontarse a un renovado Palma del Río
Por Diego Espiño
"Queremos recuperar los dos puntos que se llevó el Alcobendas de Pontevedra". Así de contundente mostrouse o adestrador do Teucro, Javier Barrios, ante o partido que os seus afrontan este sábado na cancha do Palma del Río (18:00 horas).
A mellor noticia para os azuis é que a Córdoba viaxaron os dous xogadores que arratraban molestias e que causaran baixa no encontro de Copa do Rei, Carlos García e Miguel Porto, polo que Barrios conta con todo o plantel á súa disposición e tivo que realizar un descarte, o de Iván Fernández.
O Teucro terán en fronte a un equipo recentemente descendido da máxima categoría pero que non comezou ben a competición liguera, onde só suma dous puntos en cinco partidos.
Malia iso o técnico dos pontevedreses non se fía do seu próximo rival, do que opina, "sigue siendo un candidato a estar entre los cinco o seis primeros a final de temporada".
O principal problema, segundo Javier Barrios, é que "no sabemos cual va a ser el potencial al que nos vamos a enfrentar", despois de que os cordobeses realicen esta semana varios cambios na composición do equipo.
Tres xogadores canteranos rescindiron a vinculación co club nos últimos días, mentres chegaron dúas novas incorporacións que, a priori, aportarán maior contundencia defensiva e experiencia.
Os fichajes do Palma del Río son o extremo cubano Yoel Moreno, ex xogador de Pozoblanco ou Bidasoa entre outros, e o pivote Marc Ábalos, procedente do Balonmano Toledo.