Benja incorpórase o grupo pero a enfermaría granate segue repleta
Por Diego Espiño
A volta ao traballo no Pontevedra non trouxo consigo un desaloxo da enfermaría granate, que continuará polo menos unha semana máis repleta de futbolistas do primeiro plantel.
Da nómina de lesionados son varios os xogadores que evolucionan favorablemente, pero só Benja se exercitou ao mesmo ritmo que o grupo na sesión vespertina celebrada na Xunqueira, polo que Manu Fernández espera que estea dispoñible para recibir o próximo domingo en Pasarón ao Alondras.
Noutro bando encóntranse Caco e Fran Fandiño, que realizaron a primeira fase do adestramento con moitas precaucións para despois continuar á marxe do grupo. A opinión do corpo técnico é non forzar a súa reaparición, especialmente no segundo caso tras sentir de novo molestias no cuádriceps este mércores.
Descartados están tamén Santi Domínguez, Javi Otero e Pablo Lede. Os dous primeiros continuán coa súa recuperación, mentres Lede non acudiu ao adestramento ao encontrarse en fase de rehabilitación.
Con todas estas ausencias, unidas á sanción do defensa central Pablo González, Manu Fernández só ten dispoñibles de novo 15 futbolistas do primeiro equipo, polo que terá que completar a convocatoria con algún xogador do filial.