Sanxenxo toma o relevo de Pontevedra co XII Torneo Internacional Júnior de tenis
Por Diego Espiño
Un día despois de que o torneo ITF de Pontevedra botase o peche, co triunfo da rusa Evgeniya Levashova e o español Pedro Martínez, xa está en marcha a XII edición do Tonero Internacional Júnior de Sanxenxo.
Nas pistas do Círculo Cultural Deportivo da vila estarán os dous campións de Pontevedra e outros preto de 120 tenistas de máis de 60 países competindo ata o próximo domingo 27 de outubro.
Ao igual que no torneo disputado no Casino Mercantil, os principais favoritos serán o británico Julian Cash e a lituana Akvile Parazinskaite.
A competición vive xa os partidos do cadro clasificatorio, arrancando este martes a fase final, que non se suspenderá aínda que continúe a chuvia dos últimos días ao poder disputarse os partidos baixo teito. A marcha do torneo, iso si, veríase retardada.
O torneo de Sanxenxo é o máis antigo dos que se disputa en España nesta categoría, aínda que o seu futuro, segundo o seu director Francisco Hernández, está no aire ao ter perdido parte dos patrocinios: "nos hemos quedado a medias con los patrocinadores, si no llegan nuevos apoyos el año que viene está en el aire".
SEXTA EDICIÿN DO TORNEO CADETE
Para completar o intenso programa tenístico dos próximos días, as mesma instalacións do Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo acollerán dende o 26 de outubro e ata o 3 de novembro a sexta edición do Torneo Internacional en idade cadete.