Un erro de marcaxe e a autoexpulsión de Pablo lastran o Pontevedra que só pode empatar (1-1) en Betanzos
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado
Non se poden dar máis facilidades a un contrario para que che gañe un partido, nin tampouco ter máis resistencia a renderse da que tivo o Pontevedra en Betanzos. Os granates tiveron en fronte un equipo limitado pero ben traballado, capaz de explotar as súas virtudes e descubrir as carencias do contrario.
Coas ideas moi claras, os de José Manuel Pose exerceron como visitante en terreo propio, deixando a propiedade do balón ao rival en busca de explotar as súas armas nas saídas á contra. E case lles sae redonda a formulación, aínda que máis por defectos ou erros individuais do contrario que por méritos propios, aínda que destes tamén houbo e non sería xusto ignoralos.
Para empezar, a primeira conclusión clara, aínda que non é nova, que se pode sacar, é que o Pontevedra necesita un central con urxencia. Se en Laracha foi Miguel quen se autoexpulsou nunha acción absurda, fronte ao Betanzos, Pablo quixo "superar" o seu compañeiro, gañándose o camiño dos vestiarios nunha acción absurda, na que nin sequera podemos falar de provocación do contrario, ao reaccionar cunha patada infantil e inadmisible a un pequeno rozamento con Tomy.
Cando isto sucedía tan só disputáranse 34 minutos de partido. Para entón os granates xa deran mostra do seu bisoñez na zona central da defensa no primeiro achegamento local á área, permitindo que Eloy rematase totalmente libre de marca, un balón rexeitado por Edu a disparo de Bascoy. Ían só catro minutos e tocaba ir a remolque.
Na xogada anterior Carneiro puido poñer por diante no marcador o seu equipo, pero topouse con Manu, e o contragolpe local fixo dano por falta de contundencia e intensidade defensiva.
O Pontevedra xogaba ben. Tocaba con soltura, pero perdíase ao chegar a frontal, estrelándose contra a ben organizada defensa do Betanzos.
Tubo remataría fóra un gran pase ao espazo libre de Carnero, pouco antes da media hora, e antes tamén de que comezase o desconcerto arbitral.
Luismi foi obxecto dun claro penalti por cambadela dentro da área que o colexiado non sancionou
O colexiado, que mostrara tarxeta a Luismi por unha caída na área, que era só iso, caída, pero non merecedora de amoestación, ignorou un claro penalti, agora si, ao mesmo Luismi, quen ao entrar na área (VER FOTO) é trabado e derrubado entre César e Cardelle.
Logo viría a acción infantil de Pablo, que debería significar o vermello directo, pero que lle valeu igualmente a expulsión, con toda xustiza, porque xa tiña unha amarela.
E o Pontevedra acusouno. Os 11 minutos que restaban ata o descanso os granates estiveron a mercé de do rival, como toucados por esa xogada, aínda que sen que o contrario crease perigo.
Ao regreso dos vestiarios o partido cambiou novamente. O Pontevedra saíu con máis ambición e pronto logrou nivelar o marcador, nunha grande acción de Tubo, que se vai do seu marcador pola banda dereita, e saca un perfecto centro que Pablo Carnero remata de cabeza, de forma espectacular, picando o balón abaixo, xunto ao poste.
O empate esporeou ao Betanzos, pero o que na primeira parte fixeran ben, con espazos por diante, ter que levar a iniciativa do xogo fíxoselles costa arriba, tanto que ata o minuto 86 non lograrían crear perigo, nun centro de Marcos que Alberto remata de cabeza fóra.
O árbitro pitou o final cando Pablo Carnero se ía en solitario cara á área do Betanzos
Co Pontevedra achicando espazos, o Betanzos tampouco quixo arriscar en exceso, temeroso de perder o punto conseguido, ata que na última xogada novamente o colexiado, excesivamente tarxeteiro e cunha aplicación desconcertante do regulamento en bastantes decisións, quixo ser protagonista, cando un rexeitamento longo de David Feito o recolleu Pablo Carnero, que ao encarar só cara á área local viuse interrompido polo asubío do árbitro sinalando o final entre as protestas visitantes.
Repartición de puntos, que non era o obxectivo do Pontevedra, pero que hai que dar por bo á vista das circunstancias que rodearon o partido, e pola resistencia e espírito de superación que demostrou o equipo ante as adversidades.
BETANZOS, C.F. (1): Manu (2); Cardelle (1), Agulló (1), César (2), Pablo Vigo (1); Roberto (1); Tomy (2), Marcos (2), Cristóbal (1), Bascoy (2); e Eloy (2).
Substitucións: Sergio (2) por Cristóbal, minuto 59. Alberto (s.c.) por Eloy, minuto 84. Coedo (s.c.) por Tomy, minuto 91.
PONTEVEDRA, C.F. (1): Edu (2); Adrián (2), Pablo (0), Yago Vázquez (2), David Feito (2); Tubo (2), Candela (2), Moreira (2), David Pérez (1); Luismi (2) e Pablo Carnero (3).
Substitucións: Miguel (1) por David Pérez, minuto 42. Ismael (1) por Tubo, minuto 72. Richi (s.c.) por Luismi, minuto 80.
Árbitro: Alexandre Mazaira Rodríguez (Ourense), auxiliado nas bandas por Jardón González e Hernández González. Expulsou por dobre amarela a Pablo, do Pontevedra, no minuto 34. Amoestou Pablo Vigo, Agulló, César e Eloy, polo Betanzos, e a Edu, Luismi, Carnero e Tubo, polo Pontevedra.
Goles: (1-0) Minuto 4: Disparo de Bascoy que rexeita Edu, e Eloy, libre de marcaxe, aproveita para rematar con tranquilidade. (1-1) Minuto 50: Centro de Tubo que remata de cabeza Pablo Carnero, picando o balón ao chan.
Incidencias: Campo Municipal García Hermanos (Betanzos). Uns 150 espectadores.
VESTIARIOS:
JOSÿ MANUEL POSE: A pesar de xogar cun home máis durante máis dunha hora, o técnico local facía unha curiosa lectura do partido e non consideraba que lles tería escapado a vitoria: "Yo estaría menos contento si fuese el entrenador del Pontevedra. Si nos dicen ayer que íbamos a empatar, tanto nosotros como nuestros aficionados, lo consideraríamos importantísimo, luego lo que se ve en el campo cada uno puede sacar sus propias conclusiones. El Pontevedra fue superior al Betanzos 15 minutos de los 90, en los primeros 15 minutos de la segunda parte, pero el resto del partido fue nuestro y los tuvimos controlados".
"El Pontevedra arriesgó más con 11 que cuando se quedó con 10, por eso creamos menos peligro. Yo soy entrenador del Betanzos y sé lo que puedo arriesgar y lo que no. Lo que no voy a hacer es vender a mi equipo y dejar que el rival se pueda gustar. Yo no hablo del árbitro, que hablen los demás. A nosotros hubo alguna amarilla que a lo mejor no nos gusta, pero no condicionó el resultado. Yo no ví jugadas polémicas en el área y en la expulsión incluso pudo ser roja directa, lo demás no tiene trascendencia para el resultado".
Manu Fernández: "Nos vamos con un sabor agridulce. Queríamos la victoria y vinimos a por ella. Estoy contento por la buena actitud del equipo"
MANU FERNÁNDEZ: Satisfeito pero só a medias. O adestrador granate daba por bo o punto conseguido, pero máis pola reacción do equipo ante a adversidade que polo empate en si, que lle soubo a pouco: "Nos vamos con un sabor agridulce. Queríamos la victoria y vinimos a por ella, pero un error que no podemos cometer nos cuesta un gol muy pronto y nos quedamos con 10 en una jugada en la que poco puedo decir, ya lo hablaré con Pablo, porque en caliente soy muy vehemente y mejor hablarlo con calma. ÿl sabe lo que hizo, sabe que se equivocó y no hay que darle más vueltas, mañana hablaremos tranquilamente y es un error que puede cometer cualquiera. Luego el equipo se sobrepuso y hasta pudimos llevarnos los tres puntos. Ajustamos un par de cosas en el descanso, tuvimos que jugar más directo y estuvimos más sólidos y en ese sentido estoy contento, por la buena actitud del equipo, sobre todo en la segunda parte".
"Mejor no decir nada del árbitro. Ya lo habéis visto, la última jugada del partido pita el final cuando va a haber un mano a mano de mi delantero contra el portero. Se pierde en tarjetas en un partido que no fue duro. Bueno, son árbitros. Están en tercera, como nosotros, y se equivocan".