Manu Fernández é o elixido e seguirá ata final de tempada
Por Diego Espiño
Finalmente non haberá contratación dun novo adestrador para cubrir a baixa de Nando ao mando do primeiro equipo do Pontevedra Club de Fútbol.
O que era o seu segundo e ademais técnico do filial, Manu Fernández, seguirá polo menos ata final de tempada no banco de Pasarón despois de asumir a responsabilidade de xeito interino.
Así o confirmou o director deportivo granate, Milo Abelleira, ao termo da reunión de traballo do Consello de Administración celebrada nas oficinas de Pasarón.
Nese encontro Milo plantexou aos conselleiros presentes tres nomes de posibles técnicos, se ben a súa aposta se centraba en dar a alternativa a Fernández ao entender que é "el que más conoce ahora mismo a los jugadores y con el que creo que podemos tener más sintonía a la hora de trabajar".
Milo Abelleira: "Asumo toda la responsabilidad de la contratación de Manu Fernández"
Abelleira asegura asumir "toda la responsabilidad de la contratación de Manu Fernández", ao que entende o único que lle pode pesar é "la poca experiencia que puede tener con jugadores profesionales, pero todo el mundo ha tenido que vivir esa primera experiencia".
O director deportivo defende esta decisión ante a confianza que di ter con Fernández tras o seu traballo nas categorías inferiores do club: "creo que ahora mismo está capacitado para hacerlo, tiene muchas ganas de pelear por este club y ojalá que logremos entre todos el objetivo que queremos que es entrar entre los cuatro primeros y ascender".
A continuidade de Manu Fernández á fronte do primeiro equipo do Pontevedra supoñerá un cambio na dirección do filial de Rexional Preferente, para o que se pensa en botar man de alguén da casa ou "traer un entrenador que sepa trabajar en un filial, que no sólo vea el rendimiento del domingo", segundo confirmou Milo Abelleira.