A arousá Jessica Bouzas, convidada á fase previa do Master 1000 de Madrid
Por Redacción
O Mutua Madrid Open, un dos torneos máis importantes do universo tenístico a nivel europeo na súa condición de Master 1000, contará con presenza pontevedresa da man de Jessica Bouzas.
A tenista de Vilagarcía, de só 18 anos, viu recompensado o seu gran inicio de ano cunha 'Wild Card' do torneo dirixido por Feliciano López, invitación que lle permitirá disputar a fase previa do seu primeiro Master 1000.
Desde o inicio de tempada a arousá chegou a tres finais do circuíto ITF, con dous títulos en senllos torneos 15.000 no Cairo, o que lle fixo pegar un salto na clasificación WTA ata situarse no posto 640.
A deportista, que se prepara na prestixiosa academia de David Ferrer, atópase en Madrid desexe hai uns días para incluírse na burbulla do torneo, con todas as medidas de seguridade e prevención contra a covid.
O resto de invitacións do Mutua Madrid Open, que se desenvolverá na Caja Mágica do 27 de abril ao 9 de maio, foi para as tamén españolas Eva Guerrero, Marta Custic e Ane Mintegi.