Fin aos 'tropezóns e accidentes' no Pavillón Municipal
Por Redacción
O Pavillón Municipal dos Deportes estrea esta tempada un novo pavimento para os corredores laterais e as saídas de emerxencia despois das obras recén finalizadas.
Cun investimento de 61.000 euros, o Concello abordou uns traballos de mellora para "rematar cos tropezóns e accidentes" que causaban as grandes lousas prefabricadas coas que o pavillón foi construído hai 50 anos e que se curvaran co paso do tempo e mesmo presentaban gretas.
Os corredores perimetrales da instalación son usados a diario polos club e deportistas que alí adestran para realizar, entre outras cousas, exercicios de quecemento, contando agora cun chan completamente chan e uniforme.
Segundo o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, tratouse dunha obra respectuosa coa arquitectura de Alejandro de la Sota e que non supuxo ningún cambio estrutural.