O ciclismo de base cítase o domingo no III Mini BTT Ría de Marín
Por Redacción
O Lago de Castiñeiras será escenario o próximo domingo, día 22 de setembro, da terceira edición do BTT Ría de Marín.
Con saída e chegada nas inmediacións do campo de tiro, o Club Ciclista Marín conta con reunir un bo número de xóvenes deportistas.
A carreira, que o club intenta afianzar no calendario galego, conta cunhas pequenas variacións con respecto á segunda edición coa intención de que sexa máis vistosa para o público. Para iso realizaranse tres pasos paralelos ao campo de tiro.
A lonxitude do circuíto vaía en función da categoría, dende os máis pequenos, os prebenxamíns, ata os cadetes que serán os corredores de máis idade.