Tono Campos e Diego Romero quedan fóra da final de C-2 1.000 no Mundial de Duisburgo
Por Redacción
O padexeiro do Grove Tono Campos e o vilagarcián Diego Romero non puideron meterse na final do Campionato do Mundo de Piragüismo que se celebra dende o mércores en Duisburgo, Alemaña.
Campos e Romero competiron este xoves no C-2 1.000 metros, onde lograron o quinto mellor tempo na súa serie matinal, accedendo á semifinal.
Xa pola tarde os galegos non puideron repetir clasificación cun sexto posto na súa quenda, quedando a dous segundos da clasificación para a final mundialista.
Tras o C-2 1.000 a Tono Campos réstalle aínda competir en longa distancia, concretamente nun C-1 5.000 metros que se disputará na mañá do domingo.
JOSÿ LUIS BOUZA E CARLOS PÿREZ, FÿRA DA FINAL
Os outros dous padexeiros galegos en competición na xornada de xoves correron a mesma sorte que Campos e Romero.
José Luis Bouza en C-1 1.000 metros e Carlos Pérez 'Perucho' xunto ao seu compañeiro Diego Cosgaya en K-2 1.000, finalizaron en quinto lugar na súa semifinal rozando cos dedos a final das súas respectivas categorías.
Relacionadas:
-
Tono Campos regresa ao Breogán do Grove coa clasificación para Río 2016 como obxectivo principal
Por Redacción |
-
Xornada positiva para os padexeiros galegos no Mundial de piragüismo de Duisburgo
Por Diego Espiño |
-
Teresa Portela, Adrián Sieiro, Raquel Rodríguez, Tono Campos e Diego Romero, rumbo a Duisburgo para o Mundial de piragüismo
Por Redacción |