Reacción insuficiente do Pontevedra B ante o Rápido de Bahía (2-1)
Por Redacción
A superioridade do Rápido de Baía nos primeiros 45 minutos decidiu o choque ante o Pontevedra B (2-1) na estrea ligueira.
O equipo local, no seu regreso á categoría, dominou a primeira metade na que se adiantou con goles de Hugo e Stefan, de penalti.
Na reanudación o filial granate reaccionou e apertou o marcador no minuto 60 cun tanto de Kevin, tamén de penalti, que supuxo ademais a expulsión por dobre amarela do local Pasu.
En superioridade os granates buscaron a igualada na última media hora, pero o Rápido logrou defenderse e amarrar os seus tres primeiros puntos da tempada.
RÁPIDO BAHÍA CF (2): Buyo, Pasu, Lamas, Yopi, Fonseca (Guerra, min.66), Félix, Hugo (Isaac, min.63), Roberto (Adrián, min.75) Fon, Stefan, Dieguito.
PONTEVEDRA B (1): David, Puyi (Uru, min.81), Collazo, Juan Ignacio (Bruno, min.75), Emilio (Félix (min.58), Víctor, Presa, Paco, Kevin, Héctor, Diego (Álex, min.45).
Árbitro: Montoto Taboada (Pontevedra). Amoestou a Roberto, Lamas, Isaac e Stefan nos locais e a Kevin nos visitantes. Expulsou por dobre amarela ao xogador do Bahía Pasu (min.60).
Goles: 1-0 Hugo, min.30; 2-0 Stefan de penalti, min.43, 2-1 Kevin de penalti, min.60.
Incidencias: Partido disputado no campo de San Amaro.