Un hat-trick de Changui remata coa resistencia do Sanxenxo ante o Ribadumia (2-4)
Por Redacción
O Ribadumia aproveitou a falta de ritmo do Sanxenxo no inicio de competición na Rexional Preferente para levarse os tres puntos dun campo complicado como Baltar de Arriba (2-4).
Os visitantes arrancaron con maior intensidade e aos 7 minutos xa mandaban 0-2 grazas a dous goles de Changui, un pesadelo para a zaga local.
Nelo pareceu sentenciar o choque aínda na primeira metade co terceiro tanto (minuto 37) facendo gala dunha grande efectividade, pero foi entón cando os amarelos empezaron a dar sinais de vida.
Dous goles de Nel no 40 e no 80 deron emoción ao choque antes de que Changui certificase o seu hat-trick no 85 confirmando os tres primeiros puntos para o Ribadumia.
XUVENTÿ SANXENXO (2): José, Darío, Fiti, Alfonso (Minso, min.72), Zalo (Cuchi, min.62), Deivi, Nel, Robert, Javi, Cañi, Rubén.
RIBADUMIA CF (4): Pajarillo, Borja, Jonathan, ÿscar, Fran Castaño, Nelo, Álex (Somoza, min.80), Fernando, Nieto (Jorge, min.53), Pablo Piñeiro, Changui.
Árbitro: Botana Rey (Santiago). Amoestou aos locais Fiti, Nel e Deivi e aos visitantes Nelo e Fran Castaño. Expulsou por dobre cartón ao xogador do Ribadumia Pablo Piñeiro (min.82).
Goles: 0-1 Changui, min.4; 0-2 Changui, min.7; 0-3 Nelo, min.37; 1-3 Nel, min.40; 2-3 Nel, min.80; 2-4 Changui, min.85.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar de Arriba.