O francés Cyrenne, vencedor absoluto da VI Regata Illas Atlánticas de barcos clásicos e de época
Por Redacción
Broche de ouro, en todos os sentidos, o que tivo este domingo a VI Regata Illas Atlánticas Red Eléctrica de España, Trofeo Mercedes-Benz para barcos clásicos e de época, cunha última xornada brillante no mar e coa entrega de premios final na que estivo presente o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
Sol e vento novamente do norte, aínda que non tan forte como na regata do sábado de 18 millas entre Pedras Negras e Sanxenxo, co que tiveron que lidiar a numerosa flota participante, realizando un percorrido de 13,4 millas náuticas polos faros e balizas do área marítima da Lanzada, Ons e Pedras Negras onde está situado o Club Náutico San Vicente, organizador do evento.
A vitoria desta segunda etapa foi na clase Ons para o francés Bryell, seguido do Pingüino Uno e o gañador do día anterior, Cyrenne. A clase Sálvora foi de novo para o Arosa X, igual que na Cíes onde nuevamente impúxose o Acali.
Desta forma, as clasificacións xerais finais quedaron do seguinte xeito:
Clase ONS
- 1. Cyrenne (deseño Pichavant - Jean Le Minor Y.C. Classique La Rochelle) 4,8 puntos
- 2. Pingüino Uno (German Frers Carlos Romero - CM Canido), 4,8 puntos
- 3. Bryell (deseño Franz Maas Jeome Cathalá - Y.C. Classique La Rochelle), 7,2 puntos
- 4. Tango (Sparkman&Stefens Miguel Angel Pérez CN Punta Lagoa), 8,4 puntos
- 5. Nocturne (Jolina Class Enrique Barreiro CN Combarro), 12 puntos
Clase SALVORA
- 1. Arosa X (Tofinof- Luis Tourón RCN Palma), 2,4 puntos
- 2. Zara of Arran (Clyde OD Leopoldo Pita Agabace), 6 puntos
- 3. Rana (Folkboat de Xaquín López Agabace), 14,4 puntos
Clase CIES
- 1. Acali (Sparkman&Stephens Santiago Tomé Agabace), 2,4 puntos
- 2. Rosina (Mossental Marine Manuel García Lastra RCM Aguete), 4,8 puntos
- 3. Lecer Uno (Tiki 21 - Angel Guesalaga Agabace), 9,6 puntos
O vencedor absoluto conxunto foi finalmente o Cyrenne, un estilizado deseño Pichavant de Jean Le Mino, que se leva o Trofeo Mercedes-Benz xa que logo para as súas vitrinas en Francia.
O presidente do Club Náutico San Vicente, Ulises Bértolo, nas súas palabras de despedida aos participantes emprazounos xa para unha nova edición o ano que vén do 22 ao 24 de agosto.