ÿxito pontevedrés no Campionato de España de Maratón, con ouros para Álvaro Fernández Fiuza, ÿscar Graña e Ramón Ferro
Por Alejandro Espiño
Tom Palmás e Brais Sánchez (Club Piragüismo Vilaboa) lograron proclamarse subcampións de España de maratón na localidade catalá de Banyoles (Girona) e confírmanse como un dos mellores equipos na especialidade. Só lles superou outro pontevedrés, Álvaro Fernández Fiuza. El foi o campión xunto co seu compañeiro, o asturiano Walter Bouzán. Foi un gran campionato tamén para ÿscar Graña e Ramón Ferro, que lograron o título en C-2.
Os padexeiros do Club Piragüismo Vilaboa lograron un gran éxito, xa que o seu segundo posto confirma a progresión que realizaron nos últimos meses. Lograron a medalla de prata en K-2 e demostraron que se atopan nun gran nivel. Só foron superados pola parella formada polo pontevedrés Álvaro Fernández Fiuza e o asturiano Walter Bouzán, que lograron con comodidade a súa clasificación para o Mundial de Copenhague (Dinamarca).
Outros dos triunfadores deste Campionato de España foron ÿscar Graña e Ramón Ferro (Kayak Tudense), que conquistaron a medalla de ouro en C-2. A súa experiencia e tamén a regularidade demostrada nas últimas tempadas foron decisivas para este novo éxito. Pola súa banda, David Mosquera (Club Náutico Ría de Betanzos) atópase nun gran momento de forma e acreditouno cun brillante triunfo nunha proba esixente. A súa vitoria en C-1 resultou espectacular, ao sacar 43 segundos ao segundo clasificado.
Ademais, na categoría júnior foron varias as medallas logradas polos padexeiros pontevedreses. Entre elas, destaca o bronce que logrou a parella formada por Manuel Cons e Damián González, do Club Piragüismo Verducido-Pontillón, na proba de C-2.
O Campionato de España tamén serviu para configurar o equipo español que disputará o Mundial de Dinamarca o próximo mes de setembro. Iván Alonso competirá en K-1 e K-2 xunto a Emilio Merchán; Álvaro Fernández Fiuza, xunto co asturiano Walter Bouzán, tamén probarán sorte en K-2 ; David Mosquera competirá en C-1 logo do seu magnífico resultado no Campionato de España; e ÿscar Graña e Ramón Ferro competirán no C-2. Ademais, Tono Campos, do Ría de Betanzos, tamén estará no C-1 e o C-2 xunto a Diego Romero, do Grove.