O Vila de Marín para o Pontevedra tras empatar (1-1) co Choco e derrotar (1-3) ao Marín
Por Redacción
O Pontevedra adxudicouse a edición das vodas de prata do Trofeo Vila de Marín nun triangular no que participaban, ademais do conxunto granate, o que será o seu primeiro rival na liga próxima a comezar, o C.D. Choco, de Redondela, e o anfitrión, Marín, C.F. Os pontevedreses venceron o Marín, empatando co Choco. Marín e Choco tan só puideron igualar, o que deu o triunfo e o trofeo ao equipo que dirixe Nando, que segue facendo probaturas, dando minutos a todos os xogadores que veñen realizando a pretempada, e entre os cales se encontra novamente Buba, o xuvenil que non hai moitas semanas decidira abandonar a disciplina granate.
Foron tres partidos de 45 minutos de duración, como adoita facerse neste tipo de torneos triangulares. O primeiro deles enfrontou a Marín e Pontevedra. Condicionado o xogo polas altas temperaturas que se rexistraron no campo de San Pedro, a diferenza de categoría entre ambos os dous conxuntos pronto materializouse no marcador. O lateral granate Adrián arranca con potencia dende a dereita e tras sortear varios rivais conseguiu bater a Arosa cun tiro bombeado. Era o minuto 21.
Non obstante, o Marín lograría igualar o marcador na única oportunidade que dispuxo grazas ao acerto de Dani. Pero cando parecía que o equipo local podía meter en problemas ao conxunto de Nando, que xogou máis de dez minutos cun home menos despois de que Juan Ignacio se retirase ao sufrir mareos (o técnico decidiu utilizar só once xogadores no primeiro partido), Buba e Santi Domínguez poñerían o 1-3 definitivo.
O segundo choque do torneo enfrontou a Marín e Choco. Os dous equipos ofreceron pouco xogo e menos oportunidades, pechando o partido cun aburrido empate sen goles. Aínda que o conxunto redondelano tivo máis posesión de balón, as ocasións máis claras foron para os locais Dani e Marcos.
Tras estes resultados, Pontevedra e Choco disputáronse o trofeo no último e definitivo partido. O feito de que ambos os dous conxuntos se midan na primeira xornada do campionato e a tregua que deu a calor unha vez entrada a tarde propiciou que ambos os dous conxuntos protagonizasen os minutos con máis ritmo do torneo.
Curri adiantou o Choco no minuto 3, tras materializar un rápido contraataque pola banda esquerda, e Yerai estivo a punto de facer o segundo no minuto 20. Non obstante, co paso do tempo o conxunto de Nando foi haciendose co dominio do choque, ata que obtivo froito no minuto 22, cun remate de Kevin tras un saque de esquina botado por David Pérez. Este empate, ao cabo definitivo, converteu o Pontevedra no equipo vencedor do trofeo marinense.
FICHA TÿCNICA DO TROFEO:
Primeiro partido:
MARÍN, C.F. (1): Arosa; Fon, Álvaro, Berto, Héctor, Turu, Joaquín, Escudero, Almirón, Agus e Pascu. Tamén xogaron: Emilio, Dani y Che.
PONTEVEDRA, C.F. (3): Paco; Adrián, Juan Ignacio, Yago Vázquez, Caco, Collazo, Luismi, Javi Nogueira, Santi Domínguez, Buba e Fran Fandiño.
Goles: (0-1) Minuto 21: Adrián. (1-1) Minuto 32: Dani. (1-2) Minuto 37: Buba. (1-3) Minuto 41: Santi Domínguez.
Segundo partido:
MARÍN C.F. (0): Toño; Javi, Agus, Emilio, Berto, Arceu, ÿlder, Che, Dani, Andrés e Pibe. Tamén xogaron: Héctor, Marcos e Carlos.
C.D. CHOCO (0): Cortegoso; Míchel, Cristian, Lucas, Fer, Lojo, Berto, Xose, Caloi, Curri e Rober.
Terceiro partido:
PONTEVEDRA, C.F. (1): Edu Sousa; Uru, Adrián, Pablo, Miguel, Emilio, Richi, Iago Paz, Kevin, Tubo e David Pérez.
C.D. CHOCO (1): Isma; Ángel, Cris, Molinos, Míchel, Lojo, Yerai, Julián, Caloi, Curri e Albert. Tamén xogaron: Berto, Fer, Lucas e Xosé.
Goles: (0-1) Minuto 3: Curri. (1-1) Minuto 22: Kevin.
Árbitro: Baltazar González (Pontevedra).
Incidencias: Campo de San Pedro (Marín). XXV edición do trofeo Villa de Marín. Disputáronse tres partidos de 45 minutos cada un. Ao redor de 300 espectadores nas bancadas.