Máis dun centenar de xadrecistas cítanse no Torneo Internacional Cidade de Pontevedra
Por Redacción
As instalacións do Casino Mercantil en Mourente será escenario dende este venres 9 de agosto e ata o día 15 do primeiro Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de xadrez.
Máis de 100 xogadores daranse cita na proba que pecha o circuíto galego e que contará coa presenza de varios de Grandes Mestres como os serbios Dragan Paunovic e Deagan Barlov, o arxentino Alejandro Hoffman, o usbeco Ibragim Khamrakulov ou o letón Ilmars Starostist.
Segundo a organización, a cargo da Escola Xadrez Pontevedra, "o torneo será o máis forte de Galicia e tamén dos que se realizan en España".
Ademais por primeira vez no circuíto galego o evento será retransmitido en directo en internet a través da web oficial do torneo.