Pontevedra acollerá o domingo o Campionato Galego Absoluto de atletismo
Por Diego Espiño
Pontevedra acollerá finalmente a 80 edición do Campionato Galego Absoluto de atletismo despois da renuncia da Coruña, e farao coa aspiranción de que sexa "el mejor de la historia", segundo defendeu na súa presentación o presidente da Federación Galega, Isidoro Hornillos.
A competición, a máis importante no calendario autonómico, reunirá nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva aos mellores atletas da Comunidade en busca das mínimas para o próximo Campionato de España, que se celebra en Madrid os días 26 e 27 de xullo, e tamén para o Mundial de Moscú, como é o caso do marinense Jean Marie Okutu.
As oportunidades de que Okutu acuda á cita mundialista pasan por lograr saltar os 8,25 metros en lonxitude nos que se fixou a mínima A, ou no seu defecto os 8,10 da mínima B, aínda que aquí dependería do que faga Eusebio Cáceres, o seu gran rival na disciplina. En todo caso Jean Marie terá que bater a súa mellor marca persoal (7,94), un reto que ve alcanzable e que espera alcanzar este fin de semana, cando competirá ademais de en Pontevedra en Madrid: "son dos competiciones seguidas, primero en Madrid, si no me sale la marca en una espero que sí en la otra".
Dende a organización, a cargo da Sociedad Gimnástica, animan o público a que acuda ás instalacións do CGTD ante o que se presenta como "un mini campeonato de España" polo nivel dos atletas inscritos, segundo asegura Gonzalo Méndez: "es además una cita especial porque hace ya tres años que no organizamos una competición de tanto nivel".
A entrada para o público será gratuíta durante toda a xornada, que arrancará ás 11:00 da mañá continuándo ás 17:00 despois de realizar un parón pouco antes das 14:00 horas.