O atleta da Gimnástica David Alejandro, bronce no Campionato de España Promesa
Por Redacción
O atleta da Sociedad Gimnástica David Alejandro colgouse a medalla de bronce nos 100 metros lisos do Campionato de España Promesa de Atletismo que se disputa na cidade barcelonesa de Mataró.
O velocista castelán leonés conseguiu en semifinais o terceiro mellor tempo dos oito finalistas, cunha marca de 11:00, mentres na final mellorou a súa marca con 10.87.
En Mataró tamén participou outro atleta da Gimnástica, Gustavo Avilés, que quedou fóra da final dos 400 metros tras asinar un tempo de 50:00.
O tridente do club pontevedrés péchao este domingo Javier Rodríguez nos 200 metros.