Carla Súarez será a rival de Lourdes Domínguez en primeira rolda de Wimbledon
Por Diego Espiño
Wimbledon, terceiro grand salm do ano, sorteou este venres os emparellamentos dos cadros individuais do torneo, que arranca o próximo luns 24 de xuño nas instalacións do All Engalnd Tennis Club.
Na herba londiniense Lourdes Domínguez Lino intentará mellorar o seu mellor resultado, segunda rolda en 2011 e 2012, e para iso a tenista pontevedresa deberá superar un duro escollo en primeira rolda, a canaria Carla Suárez, cabeza de serie número 19.
As dúas deportistas españolas enfrontáronse dúas veces na súa carreira con dous triunfos para Carla Suárez, aínda que ambos os dous en terra batida, un en 2006 en Barcelona e outro máis recente, hai poucas semanas no torneo de Roma. Alí, en dezaseisavos de final a canaria impúxose por un claro 6-2 e 6-3.
Lourdes chega a Winbledon despois de realizar un bo torneo sobre herba en Nürenberg. En Alemaña a deportista lerezana alcanzou a terceira rolda tras gañar á colombiana Marina Duque-Marino e á luxemburguesa Mandy Minella, cedendo no seu terceiro encontro ante a 16 do Mundo Jelena Jankovic.
Os grand slam son a asigantura pendente da tenista pontevedresa esta tempada, despois de caer en primeira rolda en Australia (6-2 e 6-1 ante Svetlana Kuznetsova) e Roland Garros (6-4 e 6-1 ante Bethanie Mattek-Sands).