Miguel Vázquez convértese na segunda fichaxe do Pontevedra
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol confirmou este martes que chegou a un acordo con Miguel Ángel Vázquez para que se incorpore á disciplina granate por unha tempada.
O central padronés, de 30 anos e procedente do Villalonga, convírtese así na segunda fichaxe do conxunto que adestrará Nando.
Miguel Vázquez, que tamén xogou en equipos como o Flavia e o Arosa, protagonizou unha boa tempada no club de San Pedro, sendo titular indiscutible para os tres adestradores que pasaron polo equipo e anotando ademais seis goles en toda a liga.
No comunicado feito público polo Pontevedra, o club granate asegura que o futbolista se decantou polo equipo lerezano pola "traxectoria do club e as súas aspiracións deportivas".