A sincronizada galega quenta motores para o Nacional Infantil da próxima fin de semana
Por Redacción
A poucos días para que Pontevedra acolla o Campionato de España Infantil de Natación Sincronizada, os dous equipos da cidade acapararon protagonismo no Campionato Galego de Nivel celebrado o pasado sábado na piscina de Ponte Muiños.
O Galaico Sincro e o Club Natación Sincronizada Pontevedra acapararon as medallas nas modalidades técnicas de figuras, sós e duos nas categorías infantil e xuvenil, conseguindo ademais o campionato de rutinas na modalidade infantil.
A actuación local reflicte a importante progresión protagonizada nos últimos anos polos clubs lerezanos, que terán unha boa oportunidade para reivindicarse co Nacional Infantil, que reunirá preto de 300 nadadoras os días 14, 15 e 16 de xuño.