Poio premia unha vintena de deportistas e entidades polos seus éxitos nesta tempada
Por Redacción
O Consello Municipal de Deportes de Poio, reunido nunha sesión extraordinaria este luns, acordou outorgar os premios Deportistas Destacados San Xoan 2013 a unha vintena de deportistas e entidades que se destacaron este ano polo seu magnífico labor deportivo nas súas respectivas modalidades. Entende este organismo ademais que cos seus éxitos axudan a promocionar o nome do concello en todas as competicións nas que participan.
Os galardoados neste 2013 son:
Andrea Pereira Feijoo, ximnasta do clube Saraiba E.D. Poio. Campiona provincial Promoción na categoría senior.
Poio Veteráns C.F. Campión durante 6 anos consecutivos da liga de veteráns da primeira categoria da provincia de Pontevedra, o que lle da dereito a participar no campionato galego.
Equipo xuvenil de fútbol E.D. Poio. Campión de liga e ascenso á primeira categoría autonómica de xuvenís.
Equipo infantil de balonmán E.D. Poio. Campión de liga da segunda autonómica.
Xian Silva Pazos. Por acadar os seguintes méritos na modalidade de Taekwondo:
- Campión de España na categoría xunior.
- Campión galego xunior.
- Campión galego sub-21.
- Campión da Copa de Galicia.
- Campión de España de exhibición por clubs.
- Campión de España de combate por clubs.
- Campión internacional cidade de Ribeira.
- Campión internacional cidade de Pontevedra.
- Campión internacional Open de Bilbao.
- Campión internacional Open de Córdoba.
Sara Esperón Bello. Campiona galega sub-19 na modalidade de squash.
Fabián Esperón Blas. Campión galego de LightContact.
Sergio Vallejo Esperón, palista do Clube de Piragüismo Poio, polos seguintes méritos deportivos:
- Palista de categoría cadete, integrante do equipo nacional xunior de Pista no Campionato de Europa de Montemor O Velho (Portugal), conseguindo o noveno posto en C-4 1000 m, e chegando a semifinais en C-2 1000 m.
- Campión de España C-1 cadete A, distancia 1000 m. no Campionato de España de Pista.
- Campión C-2 cadete 1000 m no Campionato de España de Pista.
- Campión de España C-1 cadete no Campionato de España Maratón.
- Campión de España C-1 xuvenil no Campionato de España de Fondo.
- Campión de España C-1 xuvenil na Copa de España de 1000 m.
- Campión C-1 na Copa de España de 500 m.
- Campión C-1 xunior 1000 m, selectivo clasificatorio para o Campionato de Europa de Pista .
- Representará no ano 2013 a España en C-1 xuvenil no Campionato de Europa xunior en Poznan (Polonia), a celebrar a finais do mes de xuño.
Daniel Durán Escáneo, palista do Clube de Piragüismo Poio, polos seguintes méritos deportivos:
- Palista de categoría cadete, integrante do equipo nacional xunior no Campionato de Europa de Montemor O Velho (Portugal), chegando a semifinais en C-2 1000 m.
- Campión de España en C-2 cadete 1000 m. no Campionato de España de Pista.
Adrian Sieiro Barreiro, palista do Clube de Piragüismo Poio, polos seguintes méritos deportivos:
- Campión C-2 senior 200 m, selectivo clasificatorio para o Campionato de Europa de Pista.
- Representará a España en C-2 200 m. senior no Campionato de Europa Absoluto que se celebrará a mediados do mes de xuño en Montemor O Vello (Portugal).
Álex Bernárdez González, palista do Clube de Piragüismo Poio, polos seguintes méritos deportivos:
- Campión de España C-1 cadete B, distancia 1000 m. no Campionato de España de Pista.
- Campión C-1 cadete A na Copa de España 1000 m.
- Campión C-2 cadete na Copa de España 2013.
Noelia Falcón Salinas, palista do Clube de Piragüismo Poio, polos seguintes méritos deportivos:
- Tercera clasificada K-1 dama infantil B no Campionato de España de Pista, distancia 1000m
Adrián Suárez Alonso, palista do Clube de Piragüismo Poio, polos seguintes méritos deportivos:
- Campión C-2 cadete na Copa de España 2013.
Club Ciclismo-Triatlón Monte Abaixo. Campión de clubs do Circuito galego de duatlón cross tempada 2013.
Equipo senior feminino do Poio Pescamar F.S., polo seu ascenso á Primeira División Nacional de fútbol sala, sendo o primeiro equipo da provincia que acada a máxima categoría.
Base feminina das E.D. Poio, F.S., integrados polos equipos alevín, infantil e cadete., polos seguintes méritos:
- Campións provinciais nas súas respectivas categorías.
- Finalistas da Copa Provincial nas súas respectivas categorías.
- Os equipos cadete e infantil están clasificados para a disputa do Campionato Galego.
- O equipo cadete esta invitado a participar no Campionato de España pola súa traxectoria nos últimos anos.
Nerea Moldes Bóveda, xogadora de primeiro ano do equipo cadete femino das E.D. Poio. F.S., recoñecemento polos seguintes méritos:
- Campiona galega no Campionato de Delegacións Territoriais, no que participou como integrante da selección da Delegación de Pontevedra, anotando 7 dos 8 goles na final.
- Integrante da Selección Galega sub-17 no Campionato de España, sendo con tan só 14 anos, a xogadora máis xoven de todo o campionato.
Afición do Poio Pescamar, F.S., polo seu constante apoio ao clube e ao equipo senior feminino.
Juanjo García Camiño. PREMIO HONORÍFICO AO DEPORTE. En recoñecemento á súa traxectoria polo traballo realizado como presidente do Poio Fútbol Sala.
Sandra Azón Canalda. Recoñecemento á súa labor polo fomento e promoción da vela no noso municipio.
Rafa Dasilva Iglesias. Recoñecemento a súa traxectoria deportiva na élite do balonmán e que logrou entrar no "top ten" de máximos goleadores da Liga Asobal.
Grupo empresarial de Pescamar. Recoñecemento polo seu apoio e colaboración co deporte municipal.