O Congreso Internacional de Fútbol Cidade de Pontevedra consolídase na súa terceira edición
Por Diego Espiño
ÿ só o seu terceiro ano de vida pero o Congreso Internacional de Fútbol Cidade de Pontevedra logrou consolidarse como cita de referencia a pesar da irrupción posterior de iniciativas similares en Valencia, Barcelona ou Málaga.
Cunha inscrición esperada de preto de 200 alumnos a cita, que se celebrará no Centro Social Novacaixagalicia do 13 ao 16 de xuño, reunirá a diversos profesionais do fútbol, dende adestradores de Primeira División como Philippe Montainer (Real Sociedade), Lucas Alcaraz (Granada) ou José Luís Mendilíbar (Osasuna) e internacionais como Vítor Pereira (Porto) ou José Pereiro (SCD Braga) ata preparadores físicos, directores executivos como Richard Law (Arsenal FC) ou médicos deportivos como Francisco Biosca (Chelsea FC), ademais da presenza de representantes da AFE ou axentes FIFA e persoal das diferentes áreas de xestión dos clubs profesionais.
Como novidade nesta edición introducíronse, ademais das conferencias e charlas, unha parte de relatorios prácticos que terán como escenario o campo da Xunqueira coa intención, como recoñece o director do congreso Alberto Argibay, de seguir mellorando a oferta das xornadas, "nuestro mayor trabajo es convencer a los profesionales porque es una época en la que están de vacaciones pero los que vienen un año nos ayudan a traer a otros, no es fácil renovar el cartel cada año".
Argibay resaltou que, a pesar da competencia de iniciativas similares, Pontevedra segue atraendo a atención de moitos profesionais do fútbol, "desde que empezamos otros cogieron la idea para hacerlo en otros lugares pero hay algo con lo que no pueden competir que es con el contexto de la ciudad de Pontevedra".