21 equipos e preto de 300 nenos disputan o sábado o III Torneo Minibasket Cidade de Pontevedra
Por Diego Espiño
O II Torneo Minibasket Cidade de Pontevedra reunirá o próximo sábado 25 a preto de 300 nenos de 11 clubs da provincia en idade benxamín e alevín distribuídos en 21 equipos.
O evento conta cun carácter mixto, mesturando equipos masculinos e femininos para, segundo o concelleiro de Deportes Agustín Fernández, "fomentar a convivencia entre os rapaces dos diferentes clubs, ademáis de fomentar o deporte en idades tempranas".
A xornada non terá caráter competitivo e celebrarase dende as 10:00 horas e ata as 14:30 nos pavillóns Multiusos e da Xunqueira I coa presenza do organizador Baloncesto Estudantes Pontevedra ademais de Arxil, Marín Peixegalego, CB O Grove, CB Río Ulla, CB Vilagarcía, CB O Meco e CB Baiona.
Con este tipo de iniciativas Cuco Rodríguez, un dos organizadores, asegura que se intenta fortalecer a incidencia do baloncesto na cidade, "creo que en Pontevedra el Baloncesto tiene mucho que decir".