O Waterpolo Galaico gaña en Santiago (9-10) e proclámase campión da Liga Galega de 1ª División
Por Redacción
Por primeira vez nos seus 15 anos de vida o equipo absoluto masculino do Club Waterpolo Galaico proclamouse campión da Liga Galega de 1ª División despois de vencer no terceiro partido da final ao CW Santiago nun emocionante encontro (9-10) celebrado na piscina compostelá de Santa Isabel.
O equipo pontevedrés adxudícase así un título que rozou nos últimos anos nunha serie moi igualada despois do triunfo inicial do Galaico e posterior vitoria do Santiago, campión da liga regular.
Os lerezanos fixeron un bo partido en Santa Isabel ante a presenza de moitos dos seus afeccionados desprazados ata Compostela, poñéndose por diante xa no primeiro cuarto e levando a inicativa do choque (0-2).
No segundo período, con nove goles en total, o Galaico conseguiu ampliar a diferenza a tres tantos (4-7), unha diferenencia que se mantivo no terceiro cuarto (6-9) nun encontro que parecía encarrilado, pero nada máis lonxe da realidade.
O Waterpolo Santiago non botou a toalla e recortou a distancia a un só gol a falta de dous minutos, un tempo no que gozou dalgunha ocasión para chegar a empatar, aínda que os composteláns non foron capaces de anotar de novo certificando o campionato ligueiro dos pontevedreses.
CW SANTIAGO (9): David, Campaña (1), Mayer, García (1), Iglesias, Piñeiro (5), Raposo, Caamaño (2), D.Tomé, Carro, Suárez, A.Tomé y M.Raposo.
CW GALAICO (10): Pablito, Rober (2), Pablo (1), Rubén, Kike (1), Juanjo, Ángel (2), Andrés (2), Raúl (1), Luis, Bran, Juan, Manu, Miguel, Guille, Iago, Raulito.
Parciales: 0-2, 4-5, 2-2, 3-1.
Incidencias: Partido disputado na piscina de Santa Isabel, Santiago de Compostela.