O Portonovo déixase o ascenso ante o Arenteiro (4-2)
Por Redacción
Tivo dúas ocasións e fallou. O Portonovo presentábase na última xornada de liga na mesma situación da semana anterior, un triunfo situáballe na Terceira División, pero os de Ricardo Fernández fraquearon no peor momento e a derrota no campo do Arenteiro (4-2) relégaos á cuarta praza.
O conxunto local, que se xogaba manter as súas escasas opcións de permanencia, adiantouse no marcador cos goles de Xurxo e Soares na primeira metade, unha renda que neutralizou na reanudación o equipo arlequinado por mediación de Martín e Manu Sieiro.
O empate non era suficiente ante os resultados dos rivais pero volvía meter na loita ao Portonovo, que non obstante non tivo o seu día e acabou encaixando outros dous tantos no tramo final poñendo en bandexa o ascenso directo aos seus perseguidores.
A cuarta praza final na clasificación permite ao conxunto de Baltar disputar a promoción co cuarto do grupo norte, o Laracha.
CD ARENTEIRO (4): Pachi, Carlos, Tazos (Prada, min.71), Xurxo, Dabarca, Gabri, Kennedy (Bardelas, min.72), Iago, Soares, Piñeiro, Marcos (Martín, min.55).
PORTONOVO SD (2): Marcos, Caste (Manu Sieiro, min.54), Melchor, Iván Renda, César, Suso Bea (Suso Vidal, min.72), Víctor, Gándara (Agus, min.84), Martín, Nacho, Álex Cubas.
Árbitro: Soto Valirac (Vigo). Amoestou Marcos, Dabarca, Gabri, Kennedy e Pachi nos locais e a Nacho e Caste nos visitantes. Expulsou por dobre amarela ao xogador do Arenteiro Piñeiro (min.81) e do Portonovo Suso Vidal (min.90) e por vermello directo ao visitante César (min.93).
Goles: 1-0 Xurxo, min.25; 2-0 Soares, min.27; 2-1 Martín, min.45; 2-2 Manu Sieiro, min.65; 3-2 Piñeiro, min.67; 4-2 Soares de penalti, min.90.
Incidencias: Partido disputado no campo do Espiñedo, O Carballiño.