O Sanxenxo morre na beira co seu empate ante o Valladares (1-1)
Por Redacción
O fútbol mostrou a súa cara máis cruel en Baltar de Arriba co Xuventú Sanxenxo, que se quedou sen ascenso por un só gol despois de empatar na casa ante un Valladares (1-1) que non se xogaba nada na última xornada.
A ansiedade pesou aos pupilos de ÿscar García, que a pesar do pulo e sabedores de que un tropezo do Portonovo lles abría as portas da Terceira División, se envorcaron ante o marco rival en busca do triunfo.
A pesar de ser os locais os máis interesados en atacar o Valladares logrou adiantarse no marcador xa na segunda metade, un gol que contrarrestou Deivi no minuto 70.
A partir de aí 20 minutos de esperanza e sufrimento que remataron do peor xeito posible para os locais, cos dous pés no chan da Rexional Preferente unha tempada máis, xa que o Sanxenxo, co punto conseguido, finaliza a competición no quinto lugar sen opción de xogar tan sequera a promoción.
XUVENTÿ SANXENXO (1): Vladimir, Darío (Minso, min.80), Fiti, Zalo (Galdames, min.67), Alfonso (Deivi, min.63), Javi, Suso, Diego Blanco, Cuchi, Nel, Curri.
CD VALLADARES (1): Adrián, Cristian, Suso, Calado, Gonzalo, Víctor, Bruno (Lijó, min.80), ÿscar Pérez, Miguel, Luis, Cacho (Tomás, min.68).
Árbitro: De la Torre Sas (Ourense). Amonstou aos locais Darío, Alfonso e Zalo e aos visitantes Calado, Suso e Miguel.
Goles: 0-1 ÿscar Pérez, min.68; 1-1 Deivi, min.70.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar de Arriba.