O soño de retornar a Asobal, a dous partidos de distancia
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro pon rumbo a Irún cun só obxectivo en mente, o retorno á Liga Asobal, máxima categoría do balonmán nacional.
O ascenso está a dous partidos de distancia para os de Javier Barrios, que deberán enfrontarse aos anfitrions do play-off, Bidasoa Irún, en semifinais (sábado 17:00 horas) e se gañan ao vencedor do encontro entre Alcobendas e Ángel Ximénez só un día despois (domingo 12:30 horas).
O pequeno pavillón de Hondartza será unha caldeira en contra dos azuis a pesar de que non estarán sólos nas bancadas. Non obstante a presión, segundo o capitán teucrista Toño Fernández, teraa o conxunto vasco, "hai que aproveitar esa presión e que se van por debaixo lles pese. Nós temos que esquecernos de presións, intentar disfrutar e demostrar o que valemos, xogando con calma,".
Toño Fernández: "Non podemos cometer os erros dalgún partidos como as 15 perdas de balón na segunda parte co Bidasoa, así é difícil gañar"
Na primeira volta de competición o Teucro xa conseguiu vencer en Irún, unha experiencia á que se agarra o extremo azul a pesar da recente derrota ante os vascos no Municipal. Nese partido o equipo lerezano dominou a primeira parte e se viu superado nunha mala segunda metade, "non podemos cometer os erros dalgún partidos como as 15 perdas de balón na segunda parte co Bidasoa, así é difícil gañar, pero chegamos nun estado físico moi bo e fixemos tamén bos partidos para confiar en que podemos gañar".
Javier Barrios contará coas baixas de Carlos Pombo e Tomás Dobarro, que quedan en Pontevedra por problemas de estudos, e do lesionado César Armán, que si viaxou co resto do equipo.