Portonovo-Xuventú Sanxenxo, un 'derbi' que vale un ascenso
Por Diego Espiño
Se xa de por si un partido entre Portonovo e Xuventú Sanxenxo é para os seus afeccionados o partido do ano, o encontro que enfronta aos dous veciños o próximo domingo en Baltar (17:30 horas) está desbordando todas as expectivas, algo xustificado tendo en conta que o premio para o vencedor pode ser o ascenso de categoría.
Con dúas xornadas por disputarse un triunfo do Portonovo no seu campo, onde non perdeu en toda a tempada (14 vitorias e 4 empates), daríalle matematicamente o ascenso, mentres se o gañador é o Sanxenxo se colocaría polo menos no segundo lugar e tería na súa man conseguir o obxectivo no último encontro de liga.
O equipo amarelo chega ao choque despois de recuperarse dunha xeira negativa de resultados que a piques estivo de apartalos da pelexa, pero despois do seu agónico triunfo no Grove depende de si mesmo, aínda que o partido do Monte da Vila deixou as súas secuelas e ÿscar García non poderá contar con Cañi, sancionado con dous encontros despois de ser expulsado con vermello directo, e Zalo, castigado cun partido, ademais de Fernando Aguín, lesionado. Pola súa banda, nos arlequinados Ricardo Fernández terá a ausencia de Álex Cubas, que tamén foi sancionado cun encontro pola súa dobre amoestación ante o Estradense.
Con estes ingredientes Baltar espera a mellor entrada dos últimos anos.