Tres xornadas de paixón polo fútbol sala na Raña e O Sequelo
Por Redacción
Os pavillóns da Raña e O Sequelo prepáranse para acoller toda unha festa do fútbol sala de base co IV Torneo Nacional Antonio Suárez.
A Escola Deportiva Marín, co apoio do Concello, organiza un torneo no que participarán máis de 600 nenos e nenas en diferentes categorías.
En concreto está previsto que os días 22, 23 e 24 de xuño compitan en Marín 53 equipos de 16 clubs en todas as idades de formación, desde biberóns ata xuvenís.
Entre os clubs participantes destaca a presenza dunha das mellores canteiras nacionais como a do Inter Movistar, que desprazará a catro dos seus equipos. Ademais tamén xogarán o torneo o Ciudad de Guadalajara, o Laguna FS de Valladolid, o Burela Pescados Rubén, o Poio Pescamar ou o Leis Pontevedra, entre outros.