O Natación Galaico leva o XIX Trofeo Amizade
Por Redacción
O Centro Deportivo Álvaro Piñeiro de Ponteareas foi escenario do XIX Torneo Amizade de natación, no que o Galaico tivo un papel destacado.
O equipo pontevedrés proclamouse vencedor na clasificación xeral de clubs, participando cun total de 40 nadadores de diferentes idades.
Ademais a nivel individual o Natación Galaico tamén demostrou a súa poderío ao ser proclamados os seus deportistas Daniel Sánchez e Carla Goyanes como mellores nadadores do torneo por puntos FINA.
Tras esta cita a entidade pontevedresa prepara os seus próximos compromisos, entre os que se atopa o sábado 23 de xuño o Trofeo Pedro Escudero en Ourense, ao que acudirá con 19 nadadores e nadadoras.