O Sevilla, campión do XX Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín ao gañar ao Benfica
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado
O Sevilla FC conseguiu romper o dominio luso ao vencer por un apertado 4-3 nunha emocionante final ao vixente campión, o Benfica, adxudicándose o XX Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín Cidade de Pontevedra.
A Xunqueira viviu unha nova xornada de festa deportiva, nesta ocasión sen a molesta presenza da choiva, que non deu descanso o sábado, con centenares de persoas seguidoras dos 16 equipos participantes, que puideron gozar do espectáculo brindado polas novas promesas do fútbol.
Cos equipos decidindo os postos da clasificación, tras os resultados da xornada inicial, as semifinais quedaban para Sevilla, Deportivo, Celta e Benfica, que buscaban unha praza na gran final.
Na primeira semifinal, o Sevilla derrotaba ao Deportivo, por un mínimo 2-1, nun resultado axustado, aínda que a superioridade andaluza foi clara e só a última hora os coruñeses puideron reducir distancias.
Logo foi a quenda para Celta e Benfica, que ofreceron un partido con alternativas no marcador, pero no que terminarían impoñéndose os portugueses por 4-2, tras remontar a vantaxe celeste.
Deportivo e Celta loitaron polo terceiro e cuarto posto nun "mini derbi" galego, que terminaba con empate sen goles e vitoria dos vigueses nos penaltis, antes de dar paso á gran final.
Fútbol de calidade e moitos goles, algún de gran beleza, nun partido que foi un auténtico espectáculo, con xogadores como Stiven ou Marchena, que deixaron mostras dunhas condicións moi prometedoras, pero o gran protagonista foi o sevillista Mario, autor de tres dos catro goles sevillistas.
Benfica adiantábase pronto, cun remate cruzado de Leo, respondendo o Sevilla con dous goles nun minuto para dar a volta ao resultado. Mario cun disparo a media altura e Pina, tras quedar só ante Santiago, foron os autores dos tantos.
Ze Neto devolvía a igualada ao marcador, pero xusto antes do descanso aparecía de novo Mario para facer o 3-2.
Na segunda parte, ao pouco de renovarse o xogo, o mesmo Mario facía subir o cuarto gol para os seus, cun excelente remate desde a frontal, axustado ao poste, pero o Benfica non se rendeu, recuperando opcións ao transformar Leo un claro penalti.
Quedaban 10 minutos e mentres os portugueses buscaban o empate, os sevillanos aplicáronse defensivamente mantendo a súa renda e proclamándose campións por segunda vez do torneo.
SEVILLA FC (4): Nico Ruel, Nacho, Juan, Borrego, Niki, Espinosa, Piña, Mario, Cristian, Marchena, Albarrán, Nico Tapia, Sami, Curro e Jaime.
SL BENFICA (1): Santiago, Pedro, Yanick, Quintas, Indio, Miguel, Ze Neto, Leo, Stiven, Antonio, Anisio e Gaspar.
Árbitros: Alberto Gómez Lameiro (Pontevedra), auxiliado nas bandas por Luis Lois Carro e Darío Domenech Escandel, con César Montes Villamil como cuarto árbitro. Amoestaron a Marchena e Curro, no Sevilla.
Goles: (0-1) Minuto 2: Leo. (1-1) Minuto 8: Mario. (2-1) Minuto 9: Piña. (2-2) Minuto 13: Ze Neto. (3-2) Minuto 14: Mario. (4-2) Minuto 17: Mario. (4-3) Minuto 20: Leo, de penalti.
Incidencias: Campo da Xunqueira (Pontevedra). A triatletla pontevedresa, Saleta Castro, realizou o saque de honra antes do comenzo da final.
ENTREGA DE PREMIOS
O Sporting de Gijón adxudícase o Trofeo á Deportividade
La entrega de trofeos fue una fiesta que puso broche de oro a la excelente labor organizativa de la EF Portero 2000, con asistencia de autoridades y personalidades del mundo del fútbol y de patrocinadores y colaboradores del torneo. Especial mención a la concesión del Trofeo a la Deportividad que fue para el Real Sporting de Gijón, equipo que se hizo acreedor al mismo en decisión de los organizadores, que siempre dan una relevancia especial a un galardón considerado como el más importante por los valores que representa, en torneos de fútbol base.
CADRO DE HONRA:
PUESTO | EQUIPO |
CAMPEÓN | SEVILLA FC |
SUBCAMPEÓN | SL BENFICA |
3º CLASIFICADO | RC CELTA DE VIGO |
DEPORTIVIDAD | REAL SPORTING DE GIJÓN |
4º CLASIFICADO | RC DEPORTIVO A CORUÑA |
5º CLASIFICADO | SPORTING CLUB PORTUGAL |
6º CLASIFICADO | ED VAL MIÑOR |
7º CLASIFICADO | REAL SOCIEDAD |
8º CLASIFICADO | ATHLETIC CLUB BILBAO |
9º CLASIFICADO | SD CRISTO VICTORIA |
10º CLASIFICADO | EF PORTERO 2000 |
11º CLASIFICADO | REAL SPORTING DE GIJÓN |
12º CLASIFICADO | EFB A ESTRADA |
13º CLASIFICADO | AROSA SC |
14º CLASIFICADO | VICTORIA CF |
15º CLASIFICADO | AD SAGRADO CORAZÓN |
16º CLASIFICADO | AJ LÉREZ |
O cadro completo de partidos e resultados pódese consultar aquí.
Relacionadas:
-
O Atlético de Madrid, principal novidade no cartel do XXI Torneo Internacional de Fútbol 7 Benxamín
Por Diego Espiño |
-
Sevilla, Deportivo, Celta e Benfica ás semifinais do XX Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Torneo Internacional Benxamín de Fútbol-7 recupera A Xunqueira como sede na súa XX edición
Por Diego Espiño |
-
Suspendidos os partidos do torneo de futbol benxamín de Monte Porreiro
Por Diego Torrado & Ramiro Espiño |