A SCD Poio saborea a súa tempada perfecta
Por Redacción
Poucos equipos senior en España poden presumir de completar unha tempada sen fallo en liga. Por iso, case un mes despois de conseguilo, a SCD Poio segue saboreando o seu éxito.
"Sólo dos equipos en Galicia acabaron la liga sin perder, y curiosamente el otro fue el líder del otro grupo de Pontevedra", explica o adestrador do equipo, Iago Martínez, en referencia á UD Deiro (18 vitorias e 6 empates). Con todo a tempada do Poio foi mesmo mellor, con 20 partidos gañados e 2 empatados, sen derrotas, con 73 goles a favor e 11 en contra que lle valeron para lograr o ascenso directo á Segunda Rexional.
"La temporada fue muy buena, hubo muy buen ambiente desde el principio", lembra o técnico, que este curso deu o salto do terreo de xogo ao banco e completou a súa primeira experiencia como adestrador dunha categoría senior. Fíxoo ademais cun 90% de xogadores do municipio, do que se declara especialmente orgulloso, e tamén contando con futbolistas do equipo xuvenil, desde o que "debutaron cinco", explica Iago Martínez.
Só dous empates na casa, ante Santomé e Soutomaior, evitaron o pleno de triunfos, pero non embazan nin moito menos unha traxectoria cuxo único lunar produciuse en Copa, onde curiosamente cederon en primeira rolda ante o segundo clasificado da súa liga, o Bueu.
Recepción oficial no Concello de Poio, celebración ao grande e un bo sabor que aínda perdura. Así pecha o ano o club da Seca non sen pensar xa no futuro, na próxima tempada en Segunda na que o obxectivo será "mantener todo el grupo y deportivamente hacerlo lo mejor posible". Gañárono no campo.