Lydia Pérez pon a súa mira nos Xogos do Mediterráneo
Por Redacción
Os Xogos do Mediterráneo que se disputan a final de mes en Tarragona son o próximo obxectivo internacional para a pontevedresa Lydia Pérez.
A deportista do Club de Loita Pontevedra ultima estes días no Centro de Alto Rendemento (CAR) de Madrid a súa preparación para a cita, que se celebrará na localidade catalá entre o 22 de xuño e o 1 de xullo.
Desde o luns e ata o sábado día 9 Lydia afronta unha concentración no CAR no que comparte adestramentos con varias medallistas mundiais e olímpicas, como a tunisiana Marwa Al-Amri ou a sueca Sofía Mattsson, ademais de con o resto de integrantes da selección nacional.
Xunto á loitadora pontevedresa prepárase tamén outra galega Nerea Pampín (Club Keltoi de Vila de Cruces), no seu caso para preparar a súa participación no Campionato de Europa Junior de Loitas Olímpicas.
Relacionadas:
-
Bea Gómez, Lydia Pérez ou Teresa Portela, representantes da comarca nos Xogos do Mediterráneo
Por Diego Espiño |
-
A selección nacional de loitas olímpicas prepara en Pontevedra a súa próxima cita internacional
-
Lydia Pérez e Pablo García, medallas pontevedresas no Nacional de Loitas Olímpicas
Por Redacción |