VÍDEO.- Lores exhibe as súas habilidades futbolísticas no novo campo de Cerponzóns
Por Diego Espiño
O novo campo de fútbol de Cerponzóns, dotado de herba sintética de nova xeración e unhas instalacións totalmente renovadas, é xa unha realidade, converténdose no primeiro dos campos planificados no rural listo para o seu uso.
"Está rematado a falta de pequenos detalles que se rematarán esta semana", asegurou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, nunha visita este mércores á renovada instalación.
Aproveitando a ocasión Lores atreveuse a poñer a proba as súas habilidades futbolísticas cun balón que esperaba estratexicamente no círculo central, aínda que o final da súa demostración non foi o esperado e terminou converténdose nunha graciosa anécdota ao golpear co coiro a un dos xornalistas que cubrían o acto.
Fóra de anécdotas, o investimento no campo de fútbol de Cerponzóns sitúase en aproximadamente un millón de euros.
"Creo que quedou unha obra absolutamente espectacular, coa máxima calidade", recoñeceu o alcalde sobre o primeiro dos equipamentos no rural "que eran necesarios e que melloran substancialmente a capacidade que temos de acoller acontecementos deportivos".
Ademais o rexedor da capital non descartou ampliar a rede de campos de fútbol municipais con algunha nova instalación na zona urbana "para completar as necesidades de campos de xogo".
En canto a Cerponzóns, unha vez terminada a tempada deportiva "o que corre menos presa é poñer unha data para inauguralo", sinalou o concelleiro Demetrio Gómez, que recoñeceu que está en conversacións con varios clubs para desviar maior actividade ao novo campo e de paso tentar desconxestionar os existentes na Xunqueira.
Tras esta obra, a seguinte en poñerse en marcha será a do campo de fútbol de Xeve "en cuestión de días", explicou o edil, mentres que Ponte Sampaio e Campañó están próximos á súa adxudicación e en Salcedo está a ultimarse o proxecto construtivo.
Relacionadas:
-
O Pontevedra cambia de base e establécese en Cerponzóns
Por Diego Espiño |
-
María Rey cualifica de "despropósito" a falta de auga corrente no campo de fútbol de Cerponzóns
Por Redacción |
-
O novo campo de fútbol de Gatomorto empeza a tomar forma
Por Redacción |
-
As obras de remodelación integral do campo de fútbol de Campañó, en marcha
Por Diego Espiño |
-
Os socialistas sinalan importantes deficiencias no novo campo de fútbol de Cerponzóns
Por Redacción |
-
Silva e Lores asinan un convenio de 2,4 millóns para financiar dous campos de fútbol
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O campo de fútbol de Cerponzóns estará listo en abril
Por Noelia Torres Pintos |
-
Os clubs exercerán de bedeis nos campos de fútbol municipais
Por Redacción |