Deportistas de Alemaña, Brasil, Dinamarca, Finlandia e España póñense a proba na Escola Naval
Por Redacción
A Escola Naval Militar convértese estes días nun centro de atención deportiva coa celebración nas súas instalacións do XVII Campionato Nacional Militar e do Torneo Internacional de Péntatlon Naval.
A actividade iniciouse o luns coa cerimonia de apertura, e prolongarase ata o vindeiro venres 8 de xuño.
Competición de pista con obstáculos, salvamento acuático, habilidade marineira, natación utilitaria ou cros anfibio son algúns dos exercicios que deben afrontar os participantes.
En total danse cita en Marín medio cento de deportistas de cinco delegacións: Alemaña, Brasil, Dinamarca, Finlandia e España. Ademais, como observadores, están presentes delegacións de Perú e China.
O campionato forma parte do Plan de Actividades do Consello Superior de Deportes Militares para o ano 2018, correspondendo a súa organización á Xunta Central de Educación Física e Deportes da Armada.