O fútbol base da comarca exhibe a súa boa saúde no XV Torneo Juan López
Por Redacción & Diego Torrado
O Complexo Deportivo Miguel Anxo Pazos, ou o que é o mesmo os campos de fútbol da Seca e A Reiboa, gozaron durante toda a fin de semana da emoción e os valores do mellor deporte de base.
Alí celebrouse a décimo quinta edición do Torneo de Fútbol-8 Juan López Concello de Poio, reunindo a un bo número de clubs da comarca.
O sábado desenvolveuse a competición benxamín, coa participación de: SCD Ponte Caldelas, AD Sagrado Corazón, Indepo, ED Poio, SD Puentearnelas, AXD. Verdugo, EFB Beluso, Pontevedra CF, EF Villa de Marín, Salgueiriños, SCD Salcedo e EF Portero 2000.
Pola súa banda o domingo tocáballe a quenda á categoría alevín con: SCD Ponte Caldelas, Pontevedra CF, AD Sagrado Corazón, EF Villa de Marín, ED Poio, EFB Beluso, Indepo, AJ Lérez, Salgueiriños, EFB Moañesa, SCD Salcedo e EF Portero 2000.
Para completar as xornadas de diversión, nas inmediacións dos campos de fútbol instaláronse xogos inchables e ata unha pista de karts.