O Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e a Federación Galega de Atletismo unen forzas
Por Redacción
A Federación Galega de Atletismo e o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez rubricaron un acordo de colaboración por mor da campaña 'Atletismo e saúde'.
Desta forma tanto o centro hospitalario como o organismo federativo promocionarán hábitos saudables para a práctica deste deporte entre os federados da provincia de Pontevedra.
A campaña fará especial fincapé en concienciar aos deportistas acerca dos beneficios de realizar un recoñecemento médico deportivo para os atletas que compiten en probas locais ou autonómicas, sobre todo no caso dos maiores de 35 anos.
O presidente da Federación, Isidoro Hornillos, que asinou o acordo co xerente de QuirónSalud Miguel Domínguez, destacou que "este convenio fortalece un dos eixos máis importantes que esta federación trazouse como é o de incidir sobre os hábitos e estilos de vida saudables dos nosos deportistas así como da sociedade galega en xeral".
Actualmente a Federación Galega de Atletismo mobiliza ao longo do ano preto de 90.000 atletas nas probas que organiza dentro do seu calendario federado.