A Seca e A Reiboa prepáranse para unha fin de semana de festa do fútbol base comarcal
Por Redacción
O complexo deportivo Miguel Anxo Pazos da Reiboa será esta fin de semana escenario dunha frenética actividade co XV Torneo de Fútbol-8 Juan López Concello de Poio.
Ata 14 clubs da comarca con 39 equipos, que se dividen en categoría alevín e benxamín, participarán nunha edición que se prolongará durante sábado e domingo e que contará cunha serie de actividades complementarias para converter os campos da Seca e A Reiboa nunha auténtica festa, como son karts, inchables ou exhibicións de baile e taekwondo, ademais dunha festa da escuma.
Xornadas de deporte e diversión que contarán coa participación de ED Poio, Salgueiriños, EFB Moañesa, SCD Pontecaldelas, Pontevedra, EF Villa de Marín, AD Sagrado Corazón, SCD Salcedo, EFB Beluso, Indepo, Verdugo, AJ Lérez, Portero 2000 e SD Puentearnelas.
O torneo foi presentado este xoves no Concello de Poio.