A Gladiator Race, preparada para dar batalla na Illa das Esculturas
Por Diego Espiño
En só catro anos a Gladiator Race de Pontevedra "está máis que asentada" na cidade.
Así o recoñeceu Serafín Martínez, responsable da organización, na presentación dun evento que congregará a preto de 1.800 deportistas o vindeiro sábado 2 de xuño.
"É un formato no que a xente máis que a competir vén a vivir unha experiencia", explicou sobre o ambiente que conseguiu xerar.
Nesta ocasión o percorrido da Gladiator Race varía lixeiramente con respecto ao pasado ano, pero mantense na zona da Illa das Esculturas, onde transcorrerá a maior parte da xornada e onde se instalará unha zona cero con servizos, 'food trucks' e diversas actividades.
Como en anteriores edicións na carreira de obstáculos poderase participar, de forma individual ou en equipos de ata 5 compoñentes, a partir das 16:00 horas na categoría Warrior (11 quilómetros con 30 obstáculos), na categoría Rocket desde as 18:45 horas (6 quilómetros e 20 dificultades) e na versión infantil, a Gladiator Kids (12:00 horas).
Como aperitivo ao evento deportivo, este xoves 24 de maio ás 20:00 horas hai ademais convocado un adestramento gratuíto na chaira do Recinto Feiral.
Relacionadas:
-
Os gladiadores pontevedreses poden con todo
Por Diego Espiño & Paula Sanmartín |
-
Todo a punto para a invasión de case 2.000 gladiadores
Por Redacción & Paula Sanmartín |
-
VÍDEO.- A cuarta edición da Gladiator Race supera o milleiro de inscritos
Por Redacción |
-
VÍDEO.- A Gladiator Race anuncia a apertura de inscricións para a súa cuarta edición en Pontevedra
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Participaches na Gladiator Race? Gustarache o vídeo oficial da proba
Por Redacción |
-
Máis de dous mil guerreiros invaden a Illa das Esculturas nunha espectacular Gladiator Race
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |