Un autobús de afeccionados apoiará o Teucro en Irún
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro non estará soa en Irún na súa loita por intentar retornar á máxima categoría do balonmán nacional.
Cunha semifinal ante o anfitrión da fase de ascenso, o Bidasoa, e esperando o lóxico ambiente en contra, toda axuda será benvida e por iso a directiva azul empezou a xestionar a viaxe organizada dun autobús de afeccionados.
Todos os que se inclúan nesta expedición terán garantida unha entrada para os dous días de competición, a pesar do reducido da capacidade do pavillón Hondartza, en Hondarribia. Ademais, o club xestionou unha pre-reserva hoteleira na cidade vasca.
A expedición partirá dende Pontevedra, se se reservan todas as prazas, o venres 10 de maio ás doce da noite, para chegar así a Irún a pola mañá, iniciado o regreso o domingo tras a disputa da final.
Os interesados deberán anotarse nas oficinas do club, situadas no Pavillón Municipal, luns e martes de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 e o mércores ata as 13:00 horas.
APOIO ECONÿMICO DE CONCELLO E DEPUTACIÿN
O Teucro acudiu a Concello de Pontevedra e Deputación na busca de apoio económico para afrontar os gastos producidos pola participación de diversos equipos da entidade en diferentes fases finais.
Ademais da fase de ascenso á Liga Asobal, o conxunto cadete viaxa o próximo fin de semana a León para disputar un dos sectores do Campionato de España, unha cita que organizarán os azuis no Pavillón Municipal para a categoría infantil unha semana máis tarde, o 17, 18 e 19 de maio.
Relacionadas:
-
A presión federativa fai efecto e o Teucro espera contar con 85 entradas para a fase de ascenso
Por Diego Espiño |
-
Polémica Teucro-Bidasoa polas entradas para a fase de ascenso: "es como para plantearse no ir"
Por Diego Espiño |
-
Hondartza, unha pequena caldeira espera o Teucro nas semifinais polo ascenso ante o Bidasoa
Por Diego Espiño |