Continuidade para o marinense Aarón González no equipo nacional de boxeo
Por Redacción
Caeu en cuartos de final ante o número 3 de Europa no seu peso, pero a boa imaxe mostrada por Aarón González na súa primeira experiencia internacional, nun torneo en Murcia, valeulle a opción de seguir traballando dentro da disciplina do equipo nacional.
O púxil marinense desprázase durante a ponte a Madrid para adestrar ás ordes do seleccionador español de boxeo, Rafa Lozano.
Aarón participará en varias sesións técnico-tácticas cos mellores representantes do boxeo nacional co obxectivo de gañar experiencia e seguir progresando pensando en retos ambiciosos. Entre eles aparece no horizonte o Campionato de Europa que se celebrará este ano en España.
Antes diso, o deportista do Team Thunder representará á Selección Galega en Barcelona xunto a Lorea Murgoitio, que servirá de preparativo para a velada que o club de Marín prepara para o día 2 de xuño na Cañota con 15 combates en cartel, entre os que destaca por primeira vez en moitos anos un duelo en categoría profesional.
Relacionadas:
-
Aarón González próbase de cara a revalidar o seu título nacional de peso welter
Por Redacción |
-
Marín renova os seus votos co boxeo na Thunder Boxing Night
Por Redacción |
-
RADIO.- A playlist de... Aarón González, "o trono" que promove valores
Por Marisa Ciordia |
-
Aarón González, satisfeito co seu debut internacional
Por Redacción |
-
Aarón González comparte ring co campión europeo
Por Redacción |