Manu Cossío abandona o banco do Leis
Por Redacción
Cambio de rumbo no Leis Pontevedra. Despois de cinco tempadas Manu Cossío deixará de ser adestrador do primeiro equipo masculino da entidade en canto conclúa a liga.
Así o anunciou oficialmente o club este mércores despois de reunirse co técnico. Trátase, asegura o Leis, dunha decisión que se toma "de mutuo acordo".
Ademais de formar parte como do Leis xogador, Cossío estivo ligado ao club en sete do últimas oito tempadas. Tras unha etapa inicial de dous anos, probou sorte un ano noutra entidade antes de regresar ao banco pontevedrés na tempada 2013/2014, permanecendo no cargo ata a actual.
Neste últimos cinco anos Manu Cossío foi un dos artífices do ascenso do equipo á Segunda División B, no seu primeiro ano, e da permanencia na categoría ata a data, cumprindo tamén este ano o obxectivo marcado pola xunta directiva.
O seu último encontro a cargo do Leis será o do próximo sábado (18:00 horas) no Pavillón Municipal dos Deportes ante o FS Cuellar-Cojalba.