Máis de 1.000 deportistas participaron na Brilat na Heroican Race
Por Redacción
A base militar da Brilat foi escenario durante a fin de semana, sábado e domingo, da Heroican Race, na que participou máis dun milleiro de persoas.
Delas, preto dun centenar fíxoo na proba do Campionato do Mundo por equipos de carreiras de obstáculos, que estivo dominado por Vengadores BeOne, tanto na modalidade feminina como masculina.
Lluís Barbé e Lorena González, gañadores da edición anterior en Ribadeo, volveron proclamarse campións na categoría elite de 11 quilómetros, mentres que na carreira de 5 quilómetros os gañadores foron Israel Ferrero e Paula Esteiro.
A proba, que utilizou a pista americana e outros elementos militares da Brilat, tivo parte do seu percorrido por terreos do Concello de Marín, no Lago de Castiñeiras.