Pontevedra acolle a entrega dos Premios Deporte Galego
Por Redacción
A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia escolleu Pontevedra para entregar este luns os Premios Deporte Galego correspondentes ao ano 2017.
O auditorio de Afundación acolleu un evento, presentado pola xornalista pontevedresa Irene Lourido, no que o gran ausente foi o vencedor do galardón a mellor deportista masculino, o futbolista do Real Madrid Lucas Vázquez.
Si asistiron diversas personalidades como o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ademais da propia secretaria xeral, Marta Míguez.
Os premiados nas 17 categorías foron nesta ocasión:
- Deportista feminina: María Pérez Araújo (baloncesto)
- Deportista feminina con discapacidade: Susana Rodríguez Gacio (triatlón)
- Deportista masculino: Lucas Vázquez Iglesias (fútbol)
- Deportista masculino con discapacidade: Alejandro Vidal Álvarez (taekwondo)
- Equipo feminino: Mecalia Atlético Guardés (balonmán)
- Equipo masculino: Real Club Celta de Vigo SAD (fútbol)
- Equipo de deportistas con discapacidade: Club Amfiv (baloncesto)
- Entidad na promoción do deporte de base: Club Voleibol Emevé (voleibol)
- Adestrador ou adestradora: Carlos David Prieto López (triatlón)
- Árbitro o xuíz/xuíza: Carlos Cortés Rey (baloncesto)
- Labor informativo: DXT Campeón
- Evento deportivo: Trial des Nations 2017 - Baiona (motocilismo)
- Patrocinio deportivo: Grupo Leche Río SA
- Deportista revelación: Paula Ginzo Arantes (baloncesto)
- Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Concello de Cangas
- Premio Galicia Saudable a la entidad de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Cooperativa Alimentaria Peñasanta SA
- Premio Galicia Saudable a la entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba (A Coruña)