Campelo bota a correr
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez
Campelo celebrou este sábado o Maratón de Fátima. Esta carreira celébrase en Poio desde 1987 coincidindo coa celebración desta advocación da Virxe.
Durante esta xornada a Praza da Granxa e outras zonas da parroquia transforman as súas rúas nun circuíto pedestre para todas as idades. E o que non poida correr que camiñe, pois tamén se organizou unha "andaina" popular de cinco quilómetros.
María Ángeles Castro Rosales gañou na categoría de veteranas feminina completando a carreira en 28 minutos e 24 segundos. Patricia Rodríguez Estévez gañou na categoría absoluta feminina marcando un tempo de 34’33’’.
Miguel Daporta Méndez foi o gañador na categoría de veteranos masculina, cun tempo de 23 minutos e 15 segundos. Na categoría absoluta masculina impúxose Marcos García Castro cun rexistro de 24’30’’.