Campelo repite aposta pola BTT coa II OktoberBike
Por Redacción
A Asociación Deportiva Cultural de Campelo repite organización da proba de BTT OktoberBike afastada definitivamente da festa da cervexa.
A carreira ciclista vivirá o vindeiro domingo 20 de maio a súa segunda edición cun percorrido de 43 quilómetros de dificultade media-alta e a intención de superar os 250 participantes do pasado ano.
A subida ao alto da Escusa será protagonista dunha xornada que se iniciará desde a praza da Granxa ás 9:00 horas.
O custo das inscricións para o evento é de 10 euros e poden formalizarse ata o día 17 de maio na web www.championchipnorte.com.