O Mundial Junior 2019 de balonmán avanza na súa organización sen revelar a sede da final
Por Diego Espiño & Paula Sanmartín
Pasada con éxito a recente inspección da Federación Internacional de Balonmán (IHF), o comité organizador do Mundial Junior 2019 que se celebrará en xullo entre Vigo e Pontevedra reuniuse este xoves no Pazo da Cultura para avanzar na preparación do evento.
O que aínda non revelaron os responsables do campionato é cal das dúas cidades acollerá os encontros decisivos polo título. Si parece que o formato do torneo apunta finalmente a unha fase de grupos con dous deles en cada sede (12 equipos) para pasar despois a unha 'main round' á que accederían os tres primeiros de cada grupo e que decidiría os equipos que avanzarían ás semifinais.
"Puede ser lo más bonito por hacer una mai round en Vigo, otra en Pontevedra y luego unas semifinales y final que veriamos dónde serían", explicou o presidente da Federación Española de Balonmán, Francisco Blázquez.
En todo caso estes detalles concretaranse en próximos encontros, cando se constitúa un comité executivo, composto por técnicos federativos das administracións implicadas.
Outro punto de atención virou en torno ao orzamento final do Mundial, ao que a declaración de 'evento de excepcional interese' axudaralle na captación patrocinios ofrecendo rebaixas fiscais. "A ver se somos capaces de conseguilos e polo tanto reducir os custes que nos vai a ter", recoñeceu o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
Ademais do alcalde e o presidente da Federación Epañola, á reunión deste xoves no Pazo da Cultura acudiron a presidenta da Deputación, Carmela Silva, os concelleiros de Deportes de Pontevedra e Vigo, Anxos Riveiro e Manel Fernández, e o presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luis Pérez Ouro.
Relacionadas:
-
O Mundial Júnior de Balonmán de Vigo e Pontevedra desvela o seu cadro de competición
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Pavillón Municipal pasa a última inspección da IHF previa ao Mundial Júnior de balonmán
Por Diego Espiño |
-
O camiño cara ao Mundial Júnior de balonmán de Pontevedra comeza en Guadalaxara
Por Redacción |
-
Pontevedra quere a fase final do Mundial Junior de balonmán 2019
Por Diego Espiño |
-
O Multisport Festival e o Mundial Junior de Balonmán 2019, eventos de "excepcional interese público"
Por Diego Espiño | Creada e actualizada